xoves, 26 de setembro de 2013

Tycho Brahe


(14 de decembro do 1546-24 de outubro do 1601)


Tycho Brahe foi un astrónomo danés, anterior a invención do telescopio.
Diseñou instrumentos que permitiron medir distancias entre corpos celestes.
Tycho creou un modelo do sistema solar, que estaría situado entre a teoría xeocentrica de Ptolomeo e a teoría heliocentrica de Copérnico, e dicir na súa teoría o Sol e a Lúa xiran arredor da Terra inmóvil, mentres Marte, Venus, Xúpiter e Sataurno xiran arrredor do Sol. Esta teoría, na actualidade; podemola colocar entre a teoría de Ptolomeo e a de Copérnico, debido a que se achega a teoría xeocéntrica ao manter que a Terra permanece inmóvil, e a teoría heliocéntrica ao soster que si hai planetas que xiran arredor do Sol.


                           


 Modelo de Brahe do sistema solar

René Descartes


(31 de marzo do 1596,La Haye-11 de febreiro do 1650, Estocolmo)



René Descatres, esta considerado o pai da filosofía moderna e da xeometría analítica.
Abarcou o campo da filosofía, matemáticas e física.
Formulou o principio, primeiro penso, logo existo.
A obra máis destacada de Descatres foi O Discurso do Método, que publicou en 1637, dentro da cal recolleu : un tratado sobre a óptica, outro sobre meteoroloxía e unha relación entre a xeometría e a álxebra, dando lugar así a xeometria analitíca.




Karl Popper

(28 de xullo do 1902 - 17 de setembro do 1994)

A principal ocupación de Popper foi a filosofía ainda que tamen abarcou as matemáticas e a física.

Publicou numerosas obras, pero as máis destacadas foron:
A lóxica do descubrimeto científico (1934), na que propuxo un criterio de comprobación que denominou falsabilidade, e sinalou o carácter hipotético-deductivo da ciencia.
A sociedade aberta e os enimigos (1945),nesta obra defendeu a democracia e mostrou reparo cara ás teorías póliticas de Platón e Karl Marx.






martes, 24 de setembro de 2013

Galileo Galilei


(15 de febreiro do 1564-8 xaneiro do 1642)

Galileo Galilei foi un astrónomo, filósofo, matemático e físico italiano, formou parte revolución científica.
 Modificou o telescopio, mediante a mellora das lentes, o que fixo mellorar notablemente o campo da astronomía á hora de observar o ceo.
Dedicou a maioria da súa vida a  buscar probas que respaldasen a hipótesis heliocéntrica paltexada por Copérnico según a cal tódolos planetas xiran arredor do Sol. Por tentar defender estas teorías foi sometido a un duro xuizo, no que a pesar de aportar probas basadas en observacións,non foi suficiente, ainda así pese á oposición da iglesia e científicos da época puido seguir investigando uns cantos anos máis ata que xa o 9 de abril de 1633 tivo que someterse a un xuizo definitivo, que acabou cunha condena para Galileo de arresto domiciliario. Soese dicir que tras renegar aos seus principios neste xuizo pronunciou a sua famosa frase: Eppur si muove ( Sen embargo, móvese).


Richard Feynman

(11 de maio do 1918-15 de febreiro do 1988)


Richard Feynman foi un físico estadounidense, que traballou no campo da electrodinámica, formulou os principios da mecánica cuántica e realizou traballos de exploración sobre a computación cuántica e a nanotecnoloxía.
Desarrollou o método para estudar as interacións das partículas subatómicas mediante os diagramas de Feynman.
Participou no proxecto Manhattan, que foi o proxecto dos Estados Unidos para o desarrollo da bomba atómica.
Recibiu varios premios pero os dous máis destacados foron:
 O premio Nobel no ano 1965, e o premio Albert Einstein no ano 1954.
O premio Nobel, que recibiu polo seu traballo en electrodinámica cuántica; compartiuno con Julian Schwinger e Sin-Ichiro Tomonaga.