xoves, 27 de febreiro de 2014

Fotociencia: Convertindo a ciencia en arte.

Fotociencia é o certame de fotografía científica convocado polo CSIC e a Fundación para a Ciencia e a Tecnoloxía que pretende achegar unha versión artística é estética da ciencia a todo o mundo.
Por se vos interesa deixovos os enlaces aquí dun xornal que fixo unha reportaxe (Xornal "EL PAIS"), e da páxina do concurso (Fotociencia), para que poidades votarlles un vistazo.
Para ver o vídeo cos gañadores do concurso visita: gañadores de Fotociencia 11 

(imaxe gañadora do primeiro premio da categoría xeral)


martes, 25 de febreiro de 2014

O vinagre que mata a bacteria da Tuberculose

 O ácido acético ( ingrediente activo do vinagre) é capaz de eliminar algunhas microbacterias entre as que se encontra a bacteria causante da tuberculose incluso cando esta é resistente aos fármacos.
A partir deste descubrimento plantexase o uso do ácido acético como desinfectante económico contra bacterias da tuberculose resistentes a fármacos así como outras microbacterias.
O experimento para comprobar a efectividade do vinagre contra ás biomoléculas consiste en expoñer distintas cepas de tuberculose a unha solución ao 6% de ácido acético (concentración algo maior á do vinagre común), pasados 30 minutos comprobaron que o ácido reducía o número de bacterias da tuberculose a niveles indetectables.
Hai que destacar que todos estes resultados aínda son observacións, pero que se pretende facer desinfectantes a partir deste composto, para obter así desinfectantes menos tóxicos e máis baratos.
Para máis información visita :ABC

venres, 21 de febreiro de 2014

Un paso máis cara a vacina da Hepatite C

Indentifican a estructuras do virus da hepatite C. 

Científicos da Universidade de Rutgers (Estados Unidos), determinan a estructura dunha poteína da superficie da hepatite C, o que podería  axuda a desarrolar a vacina contra esta enfermidade mortal que xa infectou a 3,2 millóns de estadounidenses.
 Esta nova investigación  describe unha rexión externa da Hepatite C que permite ao virus evadir a resposta do sistema inmunolóxico, causando unha infección permanente.
Os científicos pretenden enfocar a vacina a reforzar os puntos do sistema inmune donde é máis probable que actúe o virus.
Actualmente estase traballando no desarrollo clínico da vacina , a cal previrá que as persoas adquiran a enfermidade.

Para máis información visita "ABC"

martes, 18 de febreiro de 2014

As doazóns de sangue teñen os días contados

Os científicos xaponeses logran plaquetas apartires de células nai pluripotentes inducidas.


As plaquetas teñen como función evitar o sangrado e son moi necesarias no tratamento de diferentes enfermidades e traumas. Ata agora só se podián obter a través de doazóns de sangue. A raiz deste traballo desarrollado polas universidades de Kyoto e Tokio, prevese rematar co problema de escasez de suministro e garantizar tratamentos con plaquetas.

Para isto os investigadores idearon una estratexia para obter plaquetas funcionais apartir de células nai pluripotentes inducidas humanas, que poden xerarse a partir de diferentes tipos de células do corpo e que a súa vez doden ser reprogramadas para converterse en calquer outro tipo de célula.

Neste caso os científicos manipularon xeneticamente estas células para que se converteran en linaxes celulares estables productores de plaquetas.

A principal diferencia que manteñen estas plaquetas coas doadas e que se poden conxelar para o seu almacenameto a longo prazo, o que sería unha solución a escaseza de planetas.

Para máis información visita"ABC"

venres, 14 de febreiro de 2014

Cocaína un enlace directo ao ictus

O ictus xa non é unha enfermidade propia da xente maior, hai varios factores que influén nisto, como consumo de drogas, a dieta e o sedentarismo.
Unha investigación presentada no Congreso Internacional do Ictus, confirma que a cocaína incrementa o risco de padecer un infarto cerebral.
O risco é especialmente alto nas 24 horas seguintes ao consumo da substancia.
Os datos dinos que a cocaína non só é adictiva, senon que pode causar unha gran discapacidade ou incluso a morte. Hai estudos que relacionan o consumo deste estupefaciente tcon outros problemas vasculares.
Esto ten moito que ver cos efectos dos estimulantes da substancia e implica distintos mecanismos. Por unha banda, a cocaína potencia o papel dos neurotransmisores que condicionan a resposta na circulación. Tamén provoca un aumento da tensión arterial , o que pode provocar alteracións na coagulación sanguínea e por conseguinte  favorecer a aparición de trombos.
Ademáis, este tipo de drogas xeneran taquicardias e aumento no consumo de osíxeno, polo que o corazón e outro dos grandes damnificados.

Noticia completa en El mundo

Ser neonatos ábrennos unha porta directa á diabetes?

Os niveis de insulina máis altos entre os prematuros.

Cada vez nacen máis cativos prematuros, o que se evalúa como ter un maior risco de padecer diabetes tipo dous ( un marcador de risco cardivascular).
Os datos confirmaron que a maior prematuridad, máis elevados son niveis de insulina en sangue. O que faltaba era saber se a medida que os cativos foran crecendo se sostiñan estes niveis. Tras un estudo os resultados corroboraron que as diferencias se mantiñan.
Todos estes síntomas supoñen que estes prematuros ao medrar teñen unhas probabilidades maiores de sufrir obesidade e poeterior mente síndrome metabólico, polo que estes nenos deben ser educados nunha vida saudable.

Podedes ver a noticia en El mundo

A dieta mediterránea axuda a que un novo xen protexa frente ao infarto de miocardio


Investigadores do Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisioteriapioloxía da Obesidade e a nutrición (dependente do Instituto en Saúde Carlos III), descobren que a dieta mediterránea é clave para que un novo xen (MLXIPL), relacionado cos triglicéridos,  protexa frente ao infarto de miocardio.
Para os expertos este descubrimiento significa un avance para a nutrixenética, ao identificar un novo marcador xenético. Esto permitirá diseñar dietas máis personalizadas para previr acidentes cardiovasculares.
A base deste descobremento está nun traballo publicado no 2008, no que por primerira vez se atopa o xen como candidato asociado as concentracións de triglicéridos humanos.
Este descubrimento é moi relevante porque ademais de descubrir os mecanismos polos que a dieta mediterránea pode exercer beneficios protectores, permitiunos  identificar un grupo de persoas que polo seu xenotipo o xen (MLXIPL) beneficiarase moito máis ao seguir unha dieta mediterránea, especialmente no referente a protección frente ao infarto de miocardio.

Para ver a noticia completa visitade: ABC

martes, 11 de febreiro de 2014

A xirafa condenada a morte polos seus xenes

Marius era unha xirafa de dezaoio meses, que vivía no zoo de Copenhague (Dinamarca).
 Según as autoridades do zoolóxico, Marius morreu porque os seus xenes eran similares aos de outras xirafas que forman parte do progama de reprodución destes animais.
Nas xirafas a similitude de xenes incrementa a probabilidade da aparición de danos na descendencia. De se chegaren a reproducir entre si dous individuos xeneticamente similares, a descendencia podería sufrir danos.
Cando se xesta unha cría, dúas das copias son herdadas. Unha destas copias pode ser perxudicial pero se a outra non o é, pódese neutralizar o efecto adverso na descendencia, sen embargo se ambalas son perxudiciais a descendencia ren unha alta probabilidade de sufrir danos.

Para ver a noticia completa visitar a páxina da "BBC"

martes, 4 de febreiro de 2014

Radiografía da Mortalidade

A taxa de falecementos sobe por segundo ano consecutivo en España, e a principal causa é o envellecemento da poboación.


Entre 2002 e 2010 o número de defuncións en España mantívose ao redor 380000, esto supuxo un descenso da taxa de mortalidade de 892 a 829 por cada 100.000 habitantes.  Pero sorprendentemente en 2011 volveu subir a 841, e en 2012 volveu subir novamente ata 862.

Os investigadores tentan explicar a que se debe este ascenso cando nesta década (2002-2012) non se produceu ningunha epidemia, ola de calor...
Explicar este fenómeno non é sinxelo. Unha explicación posible é que se produce polo envellecemento gradual da poboación, debido a esto a esperanza de vida atáscase e baixa incluso nas mulleres ( unha situación producida tamén no 2005).

Artículo completo en :EL PAÍS