venres, 6 de xuño de 2014

Terapia Celular para o Párkinson


Fonte: ELPAIS

"O superantibiótico"

Unha dose en lugar de 10 días de tratamento hospitalario cun tratamento intravenoso.

Esta propostra é do doutor Ralph Corey para resolver algunhas das infecións bacterianas máis graves.
Corey é o autor dunha investigación que demostra a rapidez de acción  e a eficacia dun novo antibiótico chamado oritavancina.
Nos primeiros resultados do ensaio clínico, comparouse o novo antibiótico coa vancomicina (un antibiótico de amplio espectro moi empregado en hospitais para loitar conta infecións resistentes).
A investigación demostrou que chega unha soa dose intravenosa de oritavancia frente ás dúas infusións diarias durante 7 -10 días de vancomina.
Unha única dose reduciu o tamaño da lesión infectada na pel e a febre.!!
Este novo descubrimento axudará a mellorar a adherencia aos tratamentos de moitos pacientes que deixan de tomarlo cando comezan a sentirense mellor. 
O abandono do tratamento antes de tempo favorece a aparicíon de resistencias, un dos maiores problemas sanitarios do s.XIX
Noticia completa en: ABC

O déficit dun tipo de ARN de control dispara a existencia de tumores

O déficit do ARN non codificante ultraconservado relacionase cunha maior propensión a formación de tumores.

O traballo, dirixido por Manel Esteller, do Instituto de Investigación Biomédica de Bellvitge, plubicouse na revista Molecular Cell.
Este estudo ten varias implicacións; unha máis práctica, posto que indica unha diana para actuar contra os procesos canceríxenos, e outro máis de fondo, posto que engade un control á expresión dos xenes.
Neste descubrimento descubriuse que  unhas moléculas especiais ( ARN ultraconservados) deixaban de producirse en tumores humanos e eso contribuía ao crecemento dos mesmos. Xa ao final, descubriuse que estas moléculas se unían a outras cadeas de ARN, os microARN, que actúan como reguladores da expresión dos xenes. Se unha célula dixa de producir o ARN ultraconservado, os microARN descontrólanse e alteran centenares de xenes que deberían manteo o equilibrio celular e contibuen así a formación dos tumores humanos.
Este último descubrimento redúcese ao seu caracter ultrconservado, é dicir que se manten sen case mutacións ao longo da evolución.
No seu futuro clínico, plantéxanse varias utilidades:
  • Medir un descenso do ARN ultraconservado para indicar se vai aparecer un tumor, evitar así que a enfermidade se extenda e así retrasala.
  • Investigar, para abrir frentes contra o cancro.
Noticia completa en :EL PAIS