Un grupo de investigadores do Instituto Hotchkiss Brain (Universidade de Calgary), acaban de indentificar un mecanismo para promove o crecemento das células neviosas danadas trás un traumatismo. Este uso permite restaurar as conexións despois da lesión.
Un coordinador do ensaio sinala que a proteina retinoblastoma, que está presente nas neuronas adultas; ten a función de frear e previr o crecemento incontrolado do nervio. Con este novo estudo conseguiron reactivar o crecemento dos nervios e acelerar o proceso.
Os investigadores decidiron buscar a presenza da proteina nas células neviosas polo seu papel na regulación do crecemento das células noutras partes do corpo. O cancro é capaz de liberar este freo que supon a retinoblastoma polo que os investigadores se propuxeron dar co mecanismo que lle permita ademáis de libera es freo, aumentar o seu crecemento.
Para ver a noticia completa visita o xornal: ABC
martes, 22 de abril de 2014
martes, 8 de abril de 2014
O VIH e as enfermidades cardíacas
Ser opositivo aumenta o risco de sufrir unha enfermidade arterial coronaria.
Un estudo publicado en Annals of Internal Medicine refire a posibilidade de que os infectados de VIH padezan enfermidades crónicas que requiran coidados médicos específicos.
No estudo examináronse ao redor de 1.000 homes que teñen relacións con homes (que participaban noutro estudo do mesmo centro) deles 610 estaban infectados polo VIH e 383 non.
Para obter esta afirmación:
Ser opositivo aumenta o risco de sufrir unha enfermidade arterial coronaria.
Os investigadores mediron a presencia e a extensión da placa coronaria e o estreitamento anormal dos vasos sanguineos, ademáis estudaron tamén o grado de calcificación da palca (de habela) e así domostraron que a placa coronaria non calcificada é máis prevalente e de maior tamaño nos pacientes seropositivos, é dicir teñen un maior risco de sufrir un ataque cardíaco. Tamén se veu que este risco é independente aos outros factores de risco das ECV.
EL MUNDO
Correr protexe o noso cerebro?

Un novo estudo publicado en Neurology refire que correr non é só bo para o noso corazón senon que tamén mellora a nosa saude cognitiva. Os adultos que corren regularmente poden conservar as súas habilidades de memoría e pensamento en mellores condicións cando sexan maiores.
O estudo analizou un conxunto de 2.747 persoas sans con unha media de 25 anos que facía exercicio de forma regular que foron controlados o primeiro ano. Os investigadores realizaron, 25 anos despois do inicio do estudo; probas cognitivas para evaluar a súa memoria, velocidade psciomotora e a función executora. A continuación realizouse unha proba de esforzo aos participantes, na primeira proba os participantes correron durante uns 10 minutos, e vinte anos despois esa cifra reduxoxe un promedio de 2,9 minutos, eso quere dicir que por cada minuto de máis completo na primiera proba, os voluntarios eran capaces de recordar correctamente 0.12 palabras máis na proba de memoria e substituir 0.92 máis números con símbolos sen sentido na proba de velocidade psicomotora tras 25 anos.
Según os invesrigadores estes descubrimentos poden axudar a identificar, previr e tratar as persoas con altos riscos de sufrir demencia ou enfermidades similares.
Os expertos tamén sinalan que un exceso de exercicio pode ser contraproducente, segun eles a cantidade adecuada para que correr sexa beneficioso sería entre 2 e 3 veces por semanas, un total de entre 1 e 2.5 horas.
Recordade: Para mellorar a memoria non é preciso correr unha maratón!!
Noticia completa en: ABC
Cando imos morrer?
Con tan só unha análise de sangue poderemos saber cantas posibilidades temos de morrer.
Un conxunto de investigadores finlandeses e estonios foron os descubridores desta técnica para atopar as nosas posibilidades de morrer.
Os expertos aseguran que levamos escrito no sangue unha "marca" que nos permite descubrir e predecir o noso risco de falecer por calquera enfermidade nun plazo de 5 anos.
Despois de analizar maís de 17.000 analises de sangue de persoas sans. Nos experimentos feitos, os expertos buscaron a presenza de centos de biomoléculas no sangue que puidesen refexar o risco de morrrer nos cinco anos seguintes, finalmente detectáronse catro biomarcadores. Estos biomarcadores foron: albúmina, glicoproteína alfa-1-ácido, citrato e partículas de lipoproteinas de baixa densidade. De todas estas a albúmina xa fora vinvulada coa mortalidade. O que define o risco de morte non é a presenza destes biomarcadores, senón que é a cantidade na que está a que finalmente influe.
Os valores que obtemos tras analizar estes biomarcadores son totalmente independentes aos factores de risco xa coñecidos ( idade, tabaco, obesidade, diabete, alcohol, colesterol...), é dicir estes resultados obtidos dos biomarcadores non se alteran cos factores de risco.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

