venres, 14 de febreiro de 2014

Cocaína un enlace directo ao ictus

O ictus xa non é unha enfermidade propia da xente maior, hai varios factores que influén nisto, como consumo de drogas, a dieta e o sedentarismo.
Unha investigación presentada no Congreso Internacional do Ictus, confirma que a cocaína incrementa o risco de padecer un infarto cerebral.
O risco é especialmente alto nas 24 horas seguintes ao consumo da substancia.
Os datos dinos que a cocaína non só é adictiva, senon que pode causar unha gran discapacidade ou incluso a morte. Hai estudos que relacionan o consumo deste estupefaciente tcon outros problemas vasculares.
Esto ten moito que ver cos efectos dos estimulantes da substancia e implica distintos mecanismos. Por unha banda, a cocaína potencia o papel dos neurotransmisores que condicionan a resposta na circulación. Tamén provoca un aumento da tensión arterial , o que pode provocar alteracións na coagulación sanguínea e por conseguinte  favorecer a aparición de trombos.
Ademáis, este tipo de drogas xeneran taquicardias e aumento no consumo de osíxeno, polo que o corazón e outro dos grandes damnificados.

Noticia completa en El mundo

Ningún comentario:

Publicar un comentario