martes, 25 de febreiro de 2014

O vinagre que mata a bacteria da Tuberculose

 O ácido acético ( ingrediente activo do vinagre) é capaz de eliminar algunhas microbacterias entre as que se encontra a bacteria causante da tuberculose incluso cando esta é resistente aos fármacos.
A partir deste descubrimento plantexase o uso do ácido acético como desinfectante económico contra bacterias da tuberculose resistentes a fármacos así como outras microbacterias.
O experimento para comprobar a efectividade do vinagre contra ás biomoléculas consiste en expoñer distintas cepas de tuberculose a unha solución ao 6% de ácido acético (concentración algo maior á do vinagre común), pasados 30 minutos comprobaron que o ácido reducía o número de bacterias da tuberculose a niveles indetectables.
Hai que destacar que todos estes resultados aínda son observacións, pero que se pretende facer desinfectantes a partir deste composto, para obter así desinfectantes menos tóxicos e máis baratos.
Para máis información visita :ABC

Ningún comentario:

Publicar un comentario