venres, 9 de maio de 2014

Un estudo confirma a relación entra a nosa saúde dental e o risco cardiovascular.

Realizado en máis de 15000 pacientes, confirma que os transtornos periodentais como a caida de dentes e a xenxivite son posiblemente un marcador de risco para as ECV.

Este estudo publicouse no European Journal of Preventive Cardiology, neste traballo máis de 15000 pacientes con enfermidade coronaria crónica aportaron información sobre a súa saúde dental, e estes resultados mostran que a perda de dentes, a xenxivite... son comúns neste grupo de pacentes e asócianse con moitos dos factores de risco das ECV.
Por outra banda, tamén se vinculou a perda de dentes con niveis máis baixos de glucosa. A diabete e o tabaquismo tamén foron menos frecuentes entre os pacentes con máis dentes.
 O ensaio clínico incluíu a 15828 voluntarios, todos eles con enfermidades coronarias crónicas e ao menos cun factor de risco adicional. A todos os participantes fíxoselle un exame físico e a unha análise de sangue e completaron o cuestionario de estilo de vida, con información sobre a saúde dental.
Os resultados mostraron unha alta pérdida de dentes. Ao menos unha cuarta parte dos pacientes dixo sufrir sangrado de encias, desta cuarta parte case o 70% dos pacentes eran fumadores ou forano.
Segun os investigadores, os resultados suxiren que a existencia de factores de risco comúns ás enfermidades dentais e as ECV fan plantear a cuestión de se a saúde dental pode ser considerada somo un marcador útil de risco de ECV.
ABC

Ningún comentario:

Publicar un comentario