venres, 6 de xuño de 2014

"O superantibiótico"

Unha dose en lugar de 10 días de tratamento hospitalario cun tratamento intravenoso.

Esta propostra é do doutor Ralph Corey para resolver algunhas das infecións bacterianas máis graves.
Corey é o autor dunha investigación que demostra a rapidez de acción  e a eficacia dun novo antibiótico chamado oritavancina.
Nos primeiros resultados do ensaio clínico, comparouse o novo antibiótico coa vancomicina (un antibiótico de amplio espectro moi empregado en hospitais para loitar conta infecións resistentes).
A investigación demostrou que chega unha soa dose intravenosa de oritavancia frente ás dúas infusións diarias durante 7 -10 días de vancomina.
Unha única dose reduciu o tamaño da lesión infectada na pel e a febre.!!
Este novo descubrimento axudará a mellorar a adherencia aos tratamentos de moitos pacientes que deixan de tomarlo cando comezan a sentirense mellor. 
O abandono do tratamento antes de tempo favorece a aparicíon de resistencias, un dos maiores problemas sanitarios do s.XIX
Noticia completa en: ABC

Ningún comentario:

Publicar un comentario