martes, 8 de abril de 2014

Cando imos morrer?

Con tan só unha análise de sangue poderemos saber cantas posibilidades temos de morrer. 

Un conxunto de investigadores finlandeses e estonios foron os descubridores desta técnica para atopar as nosas posibilidades de morrer.
Os expertos aseguran que levamos escrito no sangue unha "marca" que nos permite descubrir e predecir o noso risco de falecer por calquera enfermidade nun plazo de 5 anos.
Despois de analizar maís de 17.000 analises de sangue de persoas sans. Nos experimentos feitos, os expertos buscaron a presenza de centos de biomoléculas no sangue que puidesen refexar o risco de morrrer nos cinco anos seguintes, finalmente detectáronse catro biomarcadores. Estos biomarcadores foron: albúmina, glicoproteína alfa-1-ácido, citrato e partículas de lipoproteinas de baixa densidade. De todas estas a albúmina xa fora vinvulada coa mortalidade. O que define o risco de morte non é a presenza destes biomarcadores, senón que é a cantidade na que está a que finalmente influe.

Os valores que obtemos tras analizar estes biomarcadores son totalmente independentes aos factores de risco xa coñecidos ( idade, tabaco, obesidade, diabete, alcohol, colesterol...), é dicir estes resultados obtidos dos biomarcadores non se alteran cos factores de risco.

A noticia completa podedes atopala:"ABC"

Ningún comentario:

Publicar un comentario