martes, 8 de abril de 2014

Correr protexe o noso cerebro?


Un novo estudo publicado en Neurology refire que correr non é só bo para o noso corazón senon que tamén mellora a nosa saude cognitiva. Os adultos que corren regularmente poden conservar as súas habilidades de memoría e pensamento en mellores condicións cando sexan maiores.
O estudo analizou un conxunto de 2.747 persoas sans con unha media de 25 anos que facía exercicio de forma regular que foron controlados o primeiro ano. Os investigadores  realizaron, 25 anos despois do inicio do estudo; probas cognitivas para evaluar a súa memoria, velocidade psciomotora e a función executora.  A continuación realizouse unha proba de esforzo aos participantes, na primeira proba os participantes correron durante uns 10 minutos, e vinte anos despois esa cifra reduxoxe un promedio de 2,9 minutos, eso quere dicir que por cada minuto de máis completo na primiera proba, os voluntarios eran capaces de recordar correctamente 0.12 palabras máis na proba de memoria e substituir  0.92 máis números con símbolos sen sentido na proba de velocidade psicomotora tras 25 anos.
Según os invesrigadores estes descubrimentos poden axudar a identificar, previr e tratar as persoas con altos riscos de sufrir demencia ou enfermidades similares.

Os expertos  tamén sinalan que un exceso de exercicio pode ser contraproducente, segun eles a cantidade adecuada para que correr sexa beneficioso sería entre 2 e 3 veces por semanas, un total de entre 1 e 2.5 horas.   
Recordade: Para mellorar a memoria non é preciso correr unha maratón!!
Noticia completa en: ABC

Ningún comentario:

Publicar un comentario