martes, 8 de abril de 2014

O VIH e as enfermidades cardíacas

Ser opositivo aumenta o risco de sufrir unha enfermidade arterial coronaria.


Un estudo publicado en Annals of Internal Medicine refire  a posibilidade de que os infectados de VIH padezan enfermidades crónicas que requiran coidados médicos específicos.
No estudo examináronse ao redor de 1.000 homes que teñen relacións con homes (que participaban noutro estudo do mesmo centro) deles 610 estaban infectados polo VIH e 383 non.
Para obter esta afirmación: 
Ser opositivo aumenta o risco de sufrir unha enfermidade arterial coronaria.
Os investigadores mediron a presencia e a extensión da placa coronaria e o estreitamento anormal dos vasos sanguineos, ademáis estudaron tamén o grado de calcificación da palca (de habela) e así domostraron que a placa coronaria non calcificada é máis prevalente e de maior tamaño nos pacientes seropositivos, é dicir teñen un maior risco de sufrir un ataque cardíaco. Tamén se veu que este risco é independente aos outros factores de risco das ECV.
EL MUNDO

Ningún comentario:

Publicar un comentario