A obesidade será unha pandemia en 2030 se non tomamos as medidas necesarias.
Así o sinalou a investigadora Laura Webber que presentou os datos dun informe no congreso EuroPrevent que constata que as tasas de obesidade é sobrepeso en homes e mulleres aumentará en case todos os paises da UE. Sen embargo a investigadora concretou que a epidemia non será uniforme en toda Europa, xa que hai paises nos que se prevé un incremento na taxa de obesidade en varóns do 15% e en outros dun 47%.
Os datos, non resultan sorprendentes, os datos mostran que o 39% da poboación española ten sobrepeso e o 23% ten obesidade. A frecuencia de obesidade é maior nos homes que nas mulleres. No referente a obesidade infantil o estudio ALADINO mostra que en España un 26,2% dos nenos teñen sobrepeso e un 18,35% SON OBESOS.
Según a OMS a prevalencia da obesidade en todo o mundo case se duplicou entre 1980 e 2008, e a pesar que os EEUU seguen liderando os países con maior taxa de obesidade con un 34,95% os estados europeos non se están quedando atrás, como reflexa este estudo xa case teñen taxas próximas aos 23% para as mulleres e 20% para os homes.
O tipo de estudo de modelado estadístico incorpora todos os datos dispoñibles sobre a tendencia do índice de masa corporal e de obesidade/sobrepeso nos 53 países da UE da OMS.
O informe indica que entre 2010 e 2030, prevese un incremento da porcentaxe de sobrepeso e obesidade en varóns en case todos os paises analizados.Tendencias similares en sobrepeso e obesidade se dan nas mulleres.
Noticia completa :ABC

Ningún comentario:
Publicar un comentario