venres, 16 de maio de 2014

Logran crear un óso a partir de células adultas da pel

O novo paso  da medicina rexenerativa foi probado en monos, o que achega a técnica a súa aplicación en humanos.

Se sofres un defecto óseo conxénito ou una lesión traumática actualmente para reparar o dano, o máis común e que che implanten un inxerto procedente dun cadáver ou dunha zona menos crítica. 
Ahora ben, e se extraesemos unha célula adulta  do corpo do paciente, a reprogramamos ata obter una celula pluripotente inducida (iPSC)? Podreríamos formar o propio óso.
 Esta técnica só se probou en ratos e con algún que outro efecto adverso como o crecemento de tumores nestas células.
Estes problemas acaban de ser superados con un reto maior e que supon un avance no campo da medicina rexenerativa. Por primeira vez un grupo de científicos dos NIH acaban de demostrar que a técnica é efectiva nun animal superior ( un macaco Rhesus) e case sen efectos secundarios.
Na investigación (publicada en Cell Reports), o óso formouse apartires de células derivadas da pel do mono reconvertidas en iPSC e logo inxectaronselle ao animal.
No estudo empregouse este tipo de macaco porque a súa  fisioloxía e moi similar a humana. Os autores do estudo din demostrar neste organismo que as  iPSC son capaces de producir un óso de novo servindo así como modelo para a súa aplicaión clínica xa que a aparición de tumores controlouse perfectamente.

Noticia completa :LA VOZ DE GALICIA


Ningún comentario:

Publicar un comentario