O Centro tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) acaba de abrir unha nova liña de traballo que pasa pola análise do procesado de datos xenéticos coa finalidade de poder axudar aos especialistas médicos a detectar, previr e tratar enfermidades raras.
As novas técnicas de secuenciación do ADN favoreceron ao incremento do volume de datos dos que dispoñen os xenetistas, sen embargo un dos grandes problemas co que se topa os especialistas e o de saber encontrar e valorar a información entre todos eses datos.
Para levar a cabo este novo traballo, o centro con base en Vigo está estudando o uso de novos algoritmos de cálculo para decubrir mutacións xénicas, así como integralos nun sistema para que así os especialistas teñan máis fácil o diagnóstico de enfermidades raras, e así axudar a un diagnóstico máis rapido.
Noticia:La Voz de Galicia

Ningún comentario:
Publicar un comentario