sábado, 17 de maio de 2014

Un freo contra o cancro de mama

Investigadores españois acaban de descubrir unha nova proteina, que cando se bloquea, logra frear o crecemento dos tumores de mama e as súas metástasis cara os pulmóns.
O descubrimento publicado na revista Nature Communications, está protagonizado pola proteína R-Ras2 tamén coñecida como TC21, unha proteina moi similar ao xen Ras, xa coñecido polos oncólogos, xa que muta en moitos tumores humanos. Ambos parecen estructuralmente parecidos e a cotío pensabase que tiñan funcións complementarias pero os científicos acaban de descubrir que TC21 ten o seu propio papel na evolución do cancro de mama.
O equipo de investigadores encabezado por Bustelo descubriu que cando bloqueaban TC21 os cancros apenas medraban e non desarollaban metástasis nos pulmóns. 
Ademáis para demostrar que R-Ras2 é independente a Ras os investigadores conseguiron frear o cancro de mama cando este segundo (Ras) estaba activado, o que demostraba que a proteína recen descuberta ocupa  o seu propio lugar na progesión da enfermidade.
Pola contra non todo son boas novas, como ocorre nos humanos os tumores tamen foron capaces de saltarse o freo ao cabo do tempo desarrollando outros mecanismos, o que é habitual noutros tratamentos oncolóxicos.

Noticia completa:"EL MUNDO"

Ningún comentario:

Publicar un comentario