sábado, 17 de maio de 2014

Unha terapia celular logra que ratos con esclerosis múltiple podan moverse

Un estudo recente realizado con ratos aporta novos datos sobre a terápia celular para o tratamento da esclerosis múltiple (EM).

A EM afecta a función nerviosa ao danar a mielina. Os ratos con esclerosis múltiple (MS) non pode moverse (1); A terapia con células nai neurais humanas estimula as propias células do rato para reparar a lesión (2); O tratamento restaura a función nerviosa e os ratos podían andar e correr (3)


O estudo publicado en "Stem Cell" demostra que a terapia celular con células nai neutrais humanas logra que ratos discapacitado por unha enfermidade similar a EM volvesen andar dúas semandas despois do tratamento.
O primeiro achado que sorprendeu os investigadores das Universidades de Utha e California, foi que  os ratos non rexeitaron as células.O seguinte feito sorprendente foi que os ratos que tiñan que alimentar porque non se podían mover, comezaron a camiñar é en apenas 10-14 días os ratos recuperaron as habilidades motoras e en seis meses non mostraron signos de desaceleración.
A EM, produce tal dano que inhibe a transmisión dos impulsos nerviosos, o cal se reflexa en sintomas como dificultade para camiñar, fatiga, dor...

Noticia completa en:"ABC"

Ningún comentario:

Publicar un comentario